1 mar 2012

Unha nova imaxe de Rosalía de Castro

O noso compañeiro Ramón Torrado ven de publicar un estudo onde defende a aparición dunha nova fotografía da poetisa galega. Aquí tes a ligazón para acceder ao artículo que el mesmo publicou no diario dixital  Certo.
Para Ramón Torrado "os rostros son algo máxico: espellos da alma" e é por iso que adoita guardar fotos de persoeiros entre os cales, sempre atopa algunha semellanza (George Michael/Nietszche, Franco Battiato/Álvaro Cunqueiro, etc). 
Logo de estudar durante varios anos a vida e a obra de Rosalía, Ramón gardaba na súa casa as fotocopias que lle permitiron sacar a conclusión de que o que el tiña por unha foto de Gala Murguía (filla da escritora) era en realidade un retrato da súa "amada Rosalía".
A Real Academia Galega xe respostou rexeitando esta teoría. ¡A polémica está servida!

Mulleres de película

A Patela dos libros organiza un ciclo de cine adicado á muller, con esta actividade súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller, que terá lugar o próximo 8 de marzo.

O programa de proxeccións é o seguinte:

1º ESO
5 de marzo18:00 h. Mulan88 min.
2º ESO6 de marzo18:00 h. Miss Potter92 min.
3º ESO7 de marzo18:00 h. Las mujeres de verdad tienen curvas90 min.
4º ESO8 de marzo18:00 h. Million Dollar Baby132 min.

Pasa pola biblioteca para recoller as túas entradas, deste xeito teremos unha previsión do número de persoas que asistirán cada día.

¡Anímate a pasar unha tarde de cine con nós!