23 may 2012

Nanorrelatos 2012

Co gallo do día do libro (23 de abril), aínda que lixeiramente adiado por mor do mal tempo, celebrouse o día 4 de maio a IIIª edición do certame de Nanorrelatos.
177 alumnos e alumnas do IES A Cachada sacaron mesas e sillas das aulas, colleron bolígrafo e dicionario e puxéronse a crear relatos nas catro linguas das que se imparten aulas: galego, castelán, francés e inglés.
Así se vivíu o evento nos corredores!


Os gañadores recibiron un pack de libros, dicionarios e cadernos para seguir escribindo.
En breve publicaremos neste mesmo blog os relatos gañadores.

Grazas por participardes e parabéns a todos!!

1 mar 2012

Unha nova imaxe de Rosalía de Castro

O noso compañeiro Ramón Torrado ven de publicar un estudo onde defende a aparición dunha nova fotografía da poetisa galega. Aquí tes a ligazón para acceder ao artículo que el mesmo publicou no diario dixital  Certo.
Para Ramón Torrado "os rostros son algo máxico: espellos da alma" e é por iso que adoita guardar fotos de persoeiros entre os cales, sempre atopa algunha semellanza (George Michael/Nietszche, Franco Battiato/Álvaro Cunqueiro, etc). 
Logo de estudar durante varios anos a vida e a obra de Rosalía, Ramón gardaba na súa casa as fotocopias que lle permitiron sacar a conclusión de que o que el tiña por unha foto de Gala Murguía (filla da escritora) era en realidade un retrato da súa "amada Rosalía".
A Real Academia Galega xe respostou rexeitando esta teoría. ¡A polémica está servida!

Mulleres de película

A Patela dos libros organiza un ciclo de cine adicado á muller, con esta actividade súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller, que terá lugar o próximo 8 de marzo.

O programa de proxeccións é o seguinte:

1º ESO
5 de marzo18:00 h. Mulan88 min.
2º ESO6 de marzo18:00 h. Miss Potter92 min.
3º ESO7 de marzo18:00 h. Las mujeres de verdad tienen curvas90 min.
4º ESO8 de marzo18:00 h. Million Dollar Baby132 min.

Pasa pola biblioteca para recoller as túas entradas, deste xeito teremos unha previsión do número de persoas que asistirán cada día.

¡Anímate a pasar unha tarde de cine con nós!


9 feb 2012

Amores prohibidos

Amores Prohibidos 2.0 é un proxecto para facer unha obra de teatro por internet. Unha obra que substitúe o escenario físico do teatro polo escenario virtual múltiple que nos ofrecen as redes sociais.
Esta será a primeira experiencia deste tipo no estado español. A Royal Shakespeare Company desenvolveu en 2010 un proxecto semellante usando Twitter.
Amores prohibidos 2.0 é unha co-produción de Chévere e Redenasa.tv e lévase a cabo coa colaboración do IES A Cachada.
Se queres coñecer un poco máis o proxecto, aquí tes unha presentación.

5 feb 2012

Consulta online a nosa colección


Agora podes consultar desde a túa casa os fondos de nosa biblioteca. Faino a través desta ligazón.
O portal da Rede de Bibliotecas de Galicia contén a base de datos de todas as bibliotecas galegas que empregan o Programa Meiga para a súa xestión. Ademáis da patela, podes acceder a outras bibliotecas do concello, comarca ou provincia.

18 ene 2012

Rede de Bibliotecas de Galicia


Eis o enlace á sección da nosa biblioteca, A patela dos libros, na Rede de Bibliotecas de Galicia. Aquí podedes consultar todo o noso catálogo, saber se está dispoñible, reservalo, etc.
Boa navegación!

26 dic 2011

Recreos arrepiaaaaantes


Para celebrar Halloween, este ano puidemos disfrutar de lecturas en voz alta na biblitoteca. Foron seleccionados contos de terroooor en catro idiomas distintos: galego, castelán, inglés e francés. Á luz das velas, unha tras outra, as historias provocaron os arrepíoossss de todos os asistentes, que foron moitos. Debido ao éxito, esperamos poder repetir esta experiencia alucinante o ano que ven.
Mentres, se queredes pasar un rato de medo, tedes estes títulos á vosa disposición na nosa biblioteca:

  • O escarballo de ouro, Edgar Allan Poe.
  • Frankenstein o el moderno Prometeo, Sergio A. Sierra e Meritxell Ribas (novela gráfica).
  • Frankenstein ou o moderno Prometeo, Mary Shelley.
  • Drácula, Bram Stoker.
  • Cartas de invierno, Agustín Fernández Paz.
  • El retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde.
  • O príncipe da brétema, Carlos Ruiz Zafón
  • El príncipe de la niebla, Carlos Ruiz Zafón.
  • As luces de setembro, Carlos Ruiz Zafón