Amores Prohibidos 2.0 é un proxecto para facer unha obra de teatro por internet. Unha obra que substitúe o escenario físico do teatro polo escenario virtual múltiple que nos ofrecen as redes sociais.
Esta será a primeira experiencia deste tipo no estado español. A Royal Shakespeare Company desenvolveu en 2010 un proxecto semellante usando Twitter.Amores prohibidos 2.0 é unha co-produción de Chévere e Redenasa.tv e lévase a cabo coa colaboración do IES A Cachada.
Se queres coñecer un poco máis o proxecto, aquí tes unha presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario